ASÍ E O SOUL&SOMBRA CAFÉ BAR

sábado, 10 de abril de 2010

OS MELLORES "POÑEDORES" DA MELLOR MÚSICA NEGRA



De aquí en diante, aínda que xa tivemos bos "poñedores" (Izky, Xandre, Samuel, Michi,Raúl, Julián...) empezaremos unha xeira de sesións da mellor música negra.
O vindeiro mércores día 14 a partir das 21:00 teremos a MONGOLOID NIGGER SESSION feita por Cacatone + Munstaphaque nos traerán rhythm'n'blues - deepfunk - afrobeat.
O sábado día 17 a partir das 21:00 festa Reggae e Soul que continuará de madrugada na sala Krooner

domingo, 21 de marzo de 2010

RECOMENDACIÓN MUSICAL-MUSICAL RECCOMMENDATION--RECOMMENDATIONS MUSICALES


A recomendación de hoxe é un documental de Ken Burns sobre a historia do Jazz. Este documental consta de 12 partes cunha duración de unha hora por cada parte.
EPISODIO 1: Gumbo (DO INICIO ATA 1917)
Os blues, negro spirituals, o ragtime, marchas militares, Os minstrel shows e desfiles de rúa coas primeiras bandas de New Orleans. Os pioneiros negros (Buddy Bolden, Jelly Roll Morton, Sidney Bechet, Freddie Keppard) e o primeiro disco de jazz a cargo da Original Dixieland Jass Band
http://www.youtube.com/watch?v=-CGtNPTIFSc
http://www.youtube.com/watch?v=sUQjqRpXPps
http://www.youtube.com/watch?v=WhL3Yn4yFOc
http://www.youtube.com/watch?v=HK_DQmPAitI
http://www.youtube.com/watch?v=cEB3JVWkTMs
http://www.youtube.com/watch?v=2ZG2zlKpW6k
EPISODIO 2:O regalo (1917 - 1924). Extra: América, América as películas de Ken Burns
O jazz trasladase a Chicago e New York. Louis Armstrong e Duke Ellington, a banda de King Oliver, os New Orleans Rhythm Kings e a gran orquestra de Fletcher Henderson. O director Paul Whiteman estrea a Rhapsody in Blue de Gershwin.
http://www.youtube.com/watch?v=JTgnnlz3gdE
http://www.youtube.com/watch?v=snajyRF8KmA
http://www.youtube.com/watch?v=sfRjemEabJI
http://www.youtube.com/watch?v=LkStwoHuSI4
http://www.youtube.com/watch?v=hBQ2TZhUwws
http://www.youtube.com/watch?v=3BbWRoL53I4
EPISODIO 3: A nosa linguaxe (1924 - 1929)
A cantante Bessie Smith, o cornetista branco Bix Beiderbecke, os comezos de Benny Goodman, a orquestra de Ellington no Cotton Club, os Hot Five e Hot Seven de Armstrong e a grabación do célebre "West End Blues".
http://www.youtube.com/watch?v=yLAx5Q4pffw
http://www.youtube.com/watch?v=YTx0wS8F_NM
http://www.youtube.com/watch?v=xXDDeud8qDc
http://www.youtube.com/watch?v=Ok0u_q6LJzM
http://www.youtube.com/watch?v=p-VebcVzFvU
http://www.youtube.com/watch?v=EvqdX6pT34g

EPISODIO 4: A verdadeira benvida (1929 - 1934)
O colapso económico e a gran depresión. A loucura do baile afírmase, as grandes sás neoiorquinas traballan coas orquestras de Armstrong, Ellington e Chick Webb, e a de Benny Goodman obten un resoante trunfo en Los Angeles
http://www.youtube.com/watch?v=sFp2nEnXGsQ
http://www.youtube.com/watch?v=M3fJJg7G6kc
http://www.youtube.com/watch?v=OcyfyEm3LCA
http://www.youtube.com/watch?v=fQjmCnOKSK4
http://www.youtube.com/watch?v=A7QDzsoJuOk
http://www.youtube.com/watch?v=tk2m7z_R0LQ

EPISODIO 5: Swing, puro placer (1935 - 1937)
O Período Swing: as "big bands" de Artie Shaw, Glenn Miller, Tommy Dorsey e Jimmie Lunceford. A cantante Billie Holiday e os grandes solistas de piano: Fats Waller, Art Tatum e Teddy Wilson.
http://www.youtube.com/watch?v=RgzdfjbZlF4
http://www.youtube.com/watch?v=yr44g8xET1g
http://www.youtube.com/watch?v=jneQCnTTo5Y
http://www.youtube.com/watch?v=ZIcQLCu3LYU
http://www.youtube.com/watch?v=7CvaZRpOMII
http://www.youtube.com/watch?v=Cy74SJZp1iw


EPISODIO 6: Swing, A velocidade da celebración (1937 - 1939)
Goodman e o primeiro concerto de jazz no Carnegie Hall. O jazz de Kansas City: Count Basie e Lester Young. Aparece en escea Ella Fitzgerald. Billie Holiday graba "Strange Fruit" e Coleman Hawkins volve trunfalmente de Europa.
http://www.youtube.com/watch?v=35yx5TwFISg
http://www.youtube.com/watch?v=11xWs956NpU
http://www.youtube.com/watch?v=JvSGfGXi6AM
http://www.youtube.com/watch?v=HWpSAwUncG8
http://www.youtube.com/watch?v=AP8MZqlyzsU
http://www.youtube.com/watch?v=olMDBWGXAAg


EPISODIO 7: O swing co cambio (1940 - 1942)
Django Reinhardt, a principal figura do jazz europeo. O pianista Billy Strayhorn se únese á banda de Ellington. En Harlem xurden novos sons co trompetista Dizzy Gillespie e o saxofonista Charlie Parker.
http://www.youtube.com/watch?v=RQcC5bBKzt8
http://www.youtube.com/watch?v=1eWue2lXecI
http://www.youtube.com/watch?v=Aw38FmwcaSM
http://www.youtube.com/watch?v=9GTqnr6_CXQ
http://www.youtube.com/watch?v=lsvp4qYJ-wQ
http://www.youtube.com/watch?v=1fDnTijexE8


EPISODIO 8: Adicado ao caos (1943 - 1945)
Ellington graba "Black, brown and beige". Parker e Gillespie instauran a revolución do bebop e os novos jazzistas enganchanse co flamante estilo. Para os nazis o jazz é arte de negros dexenerados e proíben a súa difusión.
http://www.youtube.com/watch?v=ytu0NVnIAK8
http://www.youtube.com/watch?v=gDHXAiUWakE
http://www.youtube.com/watch?v=vSCRjfyjkXc
http://www.youtube.com/watch?v=mM4LpFM1VP8
http://www.youtube.com/watch?v=DNGC-4qOp8A
http://www.youtube.com/watch?v=2PuWzfW96Bo


EPISODIO 9: Risco (1945 - 1949)
Os concertos de "Jazz at the Philharmonic" organizados por Norman Granz. Os "All Stars" de Louis Armstrong. Thelonious Monk, Tadd Dameron, Jay Jay Johnson, Max Roach, Miles Davis e outros consolidan os novos conceptos jazzísticos.
http://www.youtube.com/watch?v=nc6It4utpjA
http://www.youtube.com/watch?v=yFmKJiAWCVE
http://www.youtube.com/watch?v=jFuv3FBkJpQ
http://www.youtube.com/watch?v=ik45PwpHWQU
http://www.youtube.com/watch?v=GhboRdMpZeA
http://www.youtube.com/watch?v=4FzCs67YFY0

EPISODIO 10: Irresistible (1949 - 1955)
Miles Davis alumea o cool jazz, que terá seguidores en California con Dave Brubeck, Chet Baker, Gerry Mulligan e unha constelación de músicos brancos. Morre Charlie Parker por causa das drogas.
http://www.youtube.com/watch?v=Nh3KQEwi0IM
http://www.youtube.com/watch?v=ebb_NnoKD8Q
http://www.youtube.com/watch?v=PpcSJ9b8mWU
http://www.youtube.com/watch?v=ENi3oSEIiXE
http://www.youtube.com/watch?v=V8JGrIuHbWQ
http://www.youtube.com/watch?v=ShibKlGa0pk

EPISODIO 11: A aventura (1956 - 1960)
Na costa Este xurde o hard bop da man de Art Blakey, Clifford Brown, Sonny Rollins, Horace Silver, John Coltrane e outros xigantes. Morren Billie Holiday e Lester Young. Trunfan Ellington no Festival de Newport e Armstrong nas súas xiras internacionais. Nace o free jazz con Ornette Coleman.

http://www.youtube.com/watch?v=rO7kP7lmgZ4
http://www.youtube.com/watch?v=FuqKeglQiF4
http://www.youtube.com/watch?v=7jiRyWSl8NA
http://www.youtube.com/watch?v=mbb6HPrMChI
http://www.youtube.com/watch?v=AmVLw7KSLTA
http://www.youtube.com/watch?v=SVC6r9O8ot8

EPISODIO: Unha obra mestra a medianoite (1960 ata a actualidade)
As loitas contra o racismo e a favor dos dereitos civís. Dexter Gordon e varios jazzistas vanse a Europa. O jazz modal, o rock, os instrumentos electrónicos e os comezos do jazz-rock e a fusión con ritmos latinos e músicas de outras nacións.
http://www.youtube.com/watch?v=uD0Fja87ibI
http://www.youtube.com/watch?v=N2LkIFiwPX0
http://www.youtube.com/watch?v=9RXe6XELdaE
http://www.youtube.com/watch?v=_xyQz3A71iE
http://www.youtube.com/watch?v=TWDhwLKXCeY
http://www.youtube.com/watch?v=71EE8loHC-o

sábado, 6 de marzo de 2010

RECOMENDACIÓN MUSICAL-MUSICAL RECCOMMENDATION--RECOMMENDATIONS MUSICALES


SISTER ROSETTA THARPE
Nada o 11 de xaneiro de 1915 en Cotton Plant, Arkansas, Estados Unidos. Esta gran revolucionaria do gospel foi un exemplo para as mulleres no blues e para os negros en xeral, sobre todo en tempos de grandes reivindicacións sociais.
A súa nai, era unha predicadora activa na igrexa do seu pobo. Rosetta aprendeu a tocar a guitarra aos 6 anos, mostrando inmediatamente as súas habilidades e carisma no esceario das igrexas, que máis tarde percorreu para entregar o evanxeo, o que a fixo coñecida como "Original Soul Sister". Pouco a pouco integrou o Blues ás interpretacións Gospel, acompañada da súa guitarra e de grandes bandas e coros detrás.
Casou co predicador Tomas Tharpe e así tomou o nome de Sister Rosetta Tharpe. Despois de casar, foron vivir a NY e alí Rosetta gravou o seu primeiro LP, no ano 1938. Continuou gravando ainda despois da 2ª guerra mundial, sendo a primeira artista en enviar un disco ás tropas, coa canción "Strange things happen every day",sería a primeira de moitas cancións de Tharpe en ser top ten da Billboard.
Despois da guerra, grava para Decca Records xunto a Marie Knight, unha cantante, compositora e pianista cun forte rexistro contralto e un estilo máis moderado que Tharpe. Desa unión sae o éxito "UP ABOVE MY HEAD"(ver video).
Un dos puntos atractivos desta gran artista de Gospel, era a súa guitarra. A súa forma de utilizala como protagonista e non acompañante de cancións, ademais dun primeiro yeites "Double Stop", un xeito de crear vibratos volvendo á nota anterior unha e outra vez, fundou unha linguaxe musical do Blues e Rock que patentou máis tarde Chuck Berry en 1950. Rosetta xa o facía en 1941, no tema "That´s all". Foi unha adiantada para a súa época.
O número de concertos de Tharpe reduciuse por un derrame cerebral que sufreu en 1970, polo que perdeu o uso dunha das súas pernas. Morreu en 1973 despois doutro derrame cerebral. Foi enterrada no cemiterio de Northwood, en Filadelfia, Pennsylvania, nunha tumba anónima. En 2008, celebrouse un concerto para recadar fondos para a súa tumba e o 11 de xaneiro foi declarado "Día da irmá Rosetta Tharpe" en Pensilvania.

viernes, 19 de febrero de 2010

RECOMENDACIÓN MUSICAL-MUSICAL RECCOMMENDATION--RECOMMENDATIONS MUSICALES



Hoxe a recomendación musical é de música do Brasil e por ser a primeira do "xénero" Brasil quixera adicarlle este espazo a Vinicius de Moraes.
Vinicius, músico ícono da música brasileira, poeta, xornalista, diplomático... e casado 9 veces, nace en 1913.
Con 14 anos compón o seu primeiro tema, pero deixa a música ata 1952.Estudia Poesía en Oxford e volve a Brasil ao comezo da Segunda Guerra Mundial e será vicecónsul en Los Ángeles. Despois deste tempo en Estados Unidos volve a Brasil e traballa coma xornalista o que lle leva a voltar a compoñer, máis tarde é destinado á embaixada de Brasil en París traballo que fai ata 1956 (díse que “traballaba” no bar, xunto ao seu eterno whisky), nese mesmo ano coñece Antonio Carlos Jobim, este encontro é fundamental para a historia recente da música brasileira. Con Joao Gilberto crean o movemento musical e social máis importante do Brasil: A bossa nova. En 1962 Vinicius e Jobim compoñen o mítico, Garota de Ipanema. En 1968 é expulsado da diplomacia, e decide vivir só para a música e a poesía.
En 1970 coñece a Antonio Pecci Filho, Toquinho, a súa unión durará 10 anos e case que 30 discos nos que Vinicius compón as letras e Toquinho a música e algúns textos.
Vinicius morre o 9 de xullo de 1980
Quixera destacar o disco gravado en directo en 1970 con María Creuza e o mesmo Toquinho no café concerto La Fusa (Punta del Este,Arxentina) o tema escollido é "A Tonga da Mironga do Kabuletê" que comeza cun divertido diálogo entre Vinicius e Toquinho que é o seguinte:

"-Toquinho..

-... diga,diga

- vamos a hacer aquella canción que hicimos: "A tonga da mironga do kabulete"...

- ¿se puede?

-si, yo creo que sí, es decir, porque parece que es una expresión que no quiere decir nada bueno...

-sí, yo creo que es una mala palabra ¿no?

- tú conoces la historia ¿no?

- más o menos...

-... en África, cuando un africano dice esto a otro parece que las tribus entran en guerras terribles ¿no? Eh... que se comen el hígado el uno al otro

- ¡no sabía!

-sí... todo lo que se sabe es que la última palabra es la palabra kabulete de la expresión... parece que tiene algo que ver con la madre de uno...

- vamos a cantarla!"

miércoles, 27 de enero de 2010

RECOMENDACIÓN MUSICAL-MUSICAL RECCOMMENDATION--RECOMMENDATIONS MUSICALES


A recomendación de hoxe é sobre o gran batería Max Roach nado en Carolina do Norte en 1924 aínda que criado no barrio de Brooklyn (NY), pasará á historia non só coma un virtuoso da percusión, formación autodidacta, senón coma un dos reinventores do jazz xunto con Charlie Parker e Dizzy Gillespie. As Súas improvisacións e as súas innovacións rítmicas axudaron a definir o son do bebop nos anos coarenta.
Artista moi sensibilizado coa loita dos negros, introduce na súa arte unha dimensión deliberadamente política. En 1960, ese discurso radicalízase e pasa das palabras aos feitos organizando un festival paralelo e alternativo ao oficial de Newport dise ano como forma de protesta contra a segregación racial e graba o extraordinario disco "We Insist!, un alegato contra o racismo manifestado dende a mesma portada do álbum, onde hai un camareiro branco na barra dun bar cun aceno ameazante contra dous clientes negros.

sábado, 9 de enero de 2010

RECOMENDACIÓN DE PELÍCULA


Esta é a primeira recomendación dunha película no blog, pero isto non quere dicir que sexa a mellor do xénero nin moito menos. Simplemente que hai varios días que levo pensando en voltar a vela. Banda Sonora alucinante

Título Orixinal - Cadillac Records
Ano - 2008
Director - Darnell Martin
Elenco - Adrien Brody, Beyoncé Knowles, Jeffrey Wright, Emmanuelle Chriqui

Na segunda metade dos anos coarenta un ambicioso xudeo con gañas de emprender o seu soño de montar un negocio e gañar cartos de verdade recluta a un algodoneiro chamado Muddy Waters. Nace o Blues. Uns anos máis tarde, despois de trunfar en Chicago, Waters pasease en Cadillac pola súa terra natal, Missisippi, nun momento difícil para a poboación de cor. Leonard Chess vai engadindo a súa discográfica novos talentos; Etta James, Little Walter, Chuck Berry e Howlin´Wolf. A súa escalada á gloria non ten límites pero teñen que pagar o seu prezo.

Ata a chegada do Rock N´Roll liderada por Elvis Presley, The Beatles ou The Rolling Stones a súa vida privada verase sacudida por escándalos de drogas, sexo, intento de asasinato e plaxios. Repaso fugaz e moi ben acompañado por unha excelente banda sonora, "Cadillac Records" fai referencia ao resultado da suma de beneficios que conseguía Leonard Chess e que pagaba coa forma de tan fastuoso veículo cando estaba en boga, aos seus cachorros. O film non cae no erro de presentar a Chess coma un cazatalentos senon que reflexase nel coma un amante da música durante un longo período de trinta anos e un pai ou padriño dun estilo musical que non era máis que o ruidoso cráter do volcan antes de estoupar na apoteose do Rock. (Ignasi Borrás: Filmaffinity)


Ler máis: http://gabysubs.blogspot.com/2009/03/cadillac-records.html#ixzz0c89AniJB
Under Creative Commons License: Attribution Non-Commercial No Derivatives

PARA ESCOITAR