ASÍ E O SOUL&SOMBRA CAFÉ BAR

sábado, 6 de marzo de 2010

RECOMENDACIÓN MUSICAL-MUSICAL RECCOMMENDATION--RECOMMENDATIONS MUSICALES


SISTER ROSETTA THARPE
Nada o 11 de xaneiro de 1915 en Cotton Plant, Arkansas, Estados Unidos. Esta gran revolucionaria do gospel foi un exemplo para as mulleres no blues e para os negros en xeral, sobre todo en tempos de grandes reivindicacións sociais.
A súa nai, era unha predicadora activa na igrexa do seu pobo. Rosetta aprendeu a tocar a guitarra aos 6 anos, mostrando inmediatamente as súas habilidades e carisma no esceario das igrexas, que máis tarde percorreu para entregar o evanxeo, o que a fixo coñecida como "Original Soul Sister". Pouco a pouco integrou o Blues ás interpretacións Gospel, acompañada da súa guitarra e de grandes bandas e coros detrás.
Casou co predicador Tomas Tharpe e así tomou o nome de Sister Rosetta Tharpe. Despois de casar, foron vivir a NY e alí Rosetta gravou o seu primeiro LP, no ano 1938. Continuou gravando ainda despois da 2ª guerra mundial, sendo a primeira artista en enviar un disco ás tropas, coa canción "Strange things happen every day",sería a primeira de moitas cancións de Tharpe en ser top ten da Billboard.
Despois da guerra, grava para Decca Records xunto a Marie Knight, unha cantante, compositora e pianista cun forte rexistro contralto e un estilo máis moderado que Tharpe. Desa unión sae o éxito "UP ABOVE MY HEAD"(ver video).
Un dos puntos atractivos desta gran artista de Gospel, era a súa guitarra. A súa forma de utilizala como protagonista e non acompañante de cancións, ademais dun primeiro yeites "Double Stop", un xeito de crear vibratos volvendo á nota anterior unha e outra vez, fundou unha linguaxe musical do Blues e Rock que patentou máis tarde Chuck Berry en 1950. Rosetta xa o facía en 1941, no tema "That´s all". Foi unha adiantada para a súa época.
O número de concertos de Tharpe reduciuse por un derrame cerebral que sufreu en 1970, polo que perdeu o uso dunha das súas pernas. Morreu en 1973 despois doutro derrame cerebral. Foi enterrada no cemiterio de Northwood, en Filadelfia, Pennsylvania, nunha tumba anónima. En 2008, celebrouse un concerto para recadar fondos para a súa tumba e o 11 de xaneiro foi declarado "Día da irmá Rosetta Tharpe" en Pensilvania.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PARA ESCOITAR