ASÍ E O SOUL&SOMBRA CAFÉ BAR
miércoles, 27 de enero de 2010
RECOMENDACIÓN MUSICAL-MUSICAL RECCOMMENDATION--RECOMMENDATIONS MUSICALES
A recomendación de hoxe é sobre o gran batería Max Roach nado en Carolina do Norte en 1924 aínda que criado no barrio de Brooklyn (NY), pasará á historia non só coma un virtuoso da percusión, formación autodidacta, senón coma un dos reinventores do jazz xunto con Charlie Parker e Dizzy Gillespie. As Súas improvisacións e as súas innovacións rítmicas axudaron a definir o son do bebop nos anos coarenta.
Artista moi sensibilizado coa loita dos negros, introduce na súa arte unha dimensión deliberadamente política. En 1960, ese discurso radicalízase e pasa das palabras aos feitos organizando un festival paralelo e alternativo ao oficial de Newport dise ano como forma de protesta contra a segregación racial e graba o extraordinario disco "We Insist!, un alegato contra o racismo manifestado dende a mesma portada do álbum, onde hai un camareiro branco na barra dun bar cun aceno ameazante contra dous clientes negros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario