ASÍ E O SOUL&SOMBRA CAFÉ BAR

viernes, 19 de febrero de 2010

RECOMENDACIÓN MUSICAL-MUSICAL RECCOMMENDATION--RECOMMENDATIONS MUSICALES



Hoxe a recomendación musical é de música do Brasil e por ser a primeira do "xénero" Brasil quixera adicarlle este espazo a Vinicius de Moraes.
Vinicius, músico ícono da música brasileira, poeta, xornalista, diplomático... e casado 9 veces, nace en 1913.
Con 14 anos compón o seu primeiro tema, pero deixa a música ata 1952.Estudia Poesía en Oxford e volve a Brasil ao comezo da Segunda Guerra Mundial e será vicecónsul en Los Ángeles. Despois deste tempo en Estados Unidos volve a Brasil e traballa coma xornalista o que lle leva a voltar a compoñer, máis tarde é destinado á embaixada de Brasil en París traballo que fai ata 1956 (díse que “traballaba” no bar, xunto ao seu eterno whisky), nese mesmo ano coñece Antonio Carlos Jobim, este encontro é fundamental para a historia recente da música brasileira. Con Joao Gilberto crean o movemento musical e social máis importante do Brasil: A bossa nova. En 1962 Vinicius e Jobim compoñen o mítico, Garota de Ipanema. En 1968 é expulsado da diplomacia, e decide vivir só para a música e a poesía.
En 1970 coñece a Antonio Pecci Filho, Toquinho, a súa unión durará 10 anos e case que 30 discos nos que Vinicius compón as letras e Toquinho a música e algúns textos.
Vinicius morre o 9 de xullo de 1980
Quixera destacar o disco gravado en directo en 1970 con María Creuza e o mesmo Toquinho no café concerto La Fusa (Punta del Este,Arxentina) o tema escollido é "A Tonga da Mironga do Kabuletê" que comeza cun divertido diálogo entre Vinicius e Toquinho que é o seguinte:

"-Toquinho..

-... diga,diga

- vamos a hacer aquella canción que hicimos: "A tonga da mironga do kabulete"...

- ¿se puede?

-si, yo creo que sí, es decir, porque parece que es una expresión que no quiere decir nada bueno...

-sí, yo creo que es una mala palabra ¿no?

- tú conoces la historia ¿no?

- más o menos...

-... en África, cuando un africano dice esto a otro parece que las tribus entran en guerras terribles ¿no? Eh... que se comen el hígado el uno al otro

- ¡no sabía!

-sí... todo lo que se sabe es que la última palabra es la palabra kabulete de la expresión... parece que tiene algo que ver con la madre de uno...

- vamos a cantarla!"

PARA ESCOITAR