O mellor café bar de Santiago de Compostela onde escoitar soul, jazz e funk.
El mejor café bar de Santiago donde podrás escuchar soul, jazz, funk...
Le meilleur café-bar a St Jacques de Compostelle pour ecouter de la musique soul, jazz et funk.
The best café bar in Santiago de Compostela for listening to soul, jazz and funk
Die coolste café bar in ganz Santiago wo ihr besten soul, jazz und funk zu hören bekommt
De aquí en diante, aínda que xa tivemos bos "poñedores" (Izky, Xandre, Samuel, Michi,Raúl, Julián...) empezaremos unha xeira de sesións da mellor música negra. O vindeiro mércores día 14 a partir das 21:00 teremos a MONGOLOID NIGGER SESSION feita por Cacatone + Munstaphaque nos traerán rhythm'n'blues - deepfunk - afrobeat. O sábado día 17 a partir das 21:00 festa Reggae e Soul que continuará de madrugada na sala Krooner
EPISODIO 11: A aventura (1956 - 1960) Na costa Este xurde o hard bop da man de Art Blakey, Clifford Brown, Sonny Rollins, Horace Silver, John Coltrane e outros xigantes. Morren Billie Holiday e Lester Young. Trunfan Ellington no Festival de Newport e Armstrong nas súas xiras internacionais. Nace o free jazz con Ornette Coleman.
SISTER ROSETTA THARPE Nada o 11 de xaneiro de 1915 en Cotton Plant, Arkansas, Estados Unidos. Esta gran revolucionaria do gospel foi un exemplo para as mulleres no blues e para os negros en xeral, sobre todo en tempos de grandes reivindicacións sociais. A súa nai, era unha predicadora activa na igrexa do seu pobo. Rosetta aprendeu a tocar a guitarra aos 6 anos, mostrando inmediatamente as súas habilidades e carisma no esceario das igrexas, que máis tarde percorreu para entregar o evanxeo, o que a fixo coñecida como "Original Soul Sister". Pouco a pouco integrou o Blues ás interpretacións Gospel, acompañada da súa guitarra e de grandes bandas e coros detrás. Casou co predicador Tomas Tharpe e así tomou o nome de Sister Rosetta Tharpe. Despois de casar, foron vivir a NY e alí Rosetta gravou o seu primeiro LP, no ano 1938. Continuou gravando ainda despois da 2ª guerra mundial, sendo a primeira artista en enviar un disco ás tropas, coa canción "Strange things happen every day",sería a primeira de moitas cancións de Tharpe en ser top ten da Billboard. Despois da guerra, grava para Decca Records xunto a Marie Knight, unha cantante, compositora e pianista cun forte rexistro contralto e un estilo máis moderado que Tharpe. Desa unión sae o éxito "UP ABOVE MY HEAD"(ver video). Un dos puntos atractivos desta gran artista de Gospel, era a súa guitarra. A súa forma de utilizala como protagonista e non acompañante de cancións, ademais dun primeiro yeites "Double Stop", un xeito de crear vibratos volvendo á nota anterior unha e outra vez, fundou unha linguaxe musical do Blues e Rock que patentou máis tarde Chuck Berry en 1950. Rosetta xa o facía en 1941, no tema "That´s all". Foi unha adiantada para a súa época. O número de concertos de Tharpe reduciuse por un derrame cerebral que sufreu en 1970, polo que perdeu o uso dunha das súas pernas. Morreu en 1973 despois doutro derrame cerebral. Foi enterrada no cemiterio de Northwood, en Filadelfia, Pennsylvania, nunha tumba anónima. En 2008, celebrouse un concerto para recadar fondos para a súa tumba e o 11 de xaneiro foi declarado "Día da irmá Rosetta Tharpe" en Pensilvania.
Hoxe a recomendación musical é de música do Brasil e por ser a primeira do "xénero" Brasil quixera adicarlle este espazo a Vinicius de Moraes. Vinicius, músico ícono da música brasileira, poeta, xornalista, diplomático... e casado 9 veces, nace en 1913. Con 14 anos compón o seu primeiro tema, pero deixa a música ata 1952.Estudia Poesía en Oxford e volve a Brasil ao comezo da Segunda Guerra Mundial e será vicecónsul en Los Ángeles. Despois deste tempo en Estados Unidos volve a Brasil e traballa coma xornalista o que lle leva a voltar a compoñer, máis tarde é destinado á embaixada de Brasil en París traballo que fai ata 1956 (díse que “traballaba” no bar, xunto ao seu eterno whisky), nese mesmo ano coñece Antonio Carlos Jobim, este encontro é fundamental para a historia recente da música brasileira. Con Joao Gilberto crean o movemento musical e social máis importante do Brasil: A bossa nova. En 1962 Vinicius e Jobim compoñen o mítico, Garota de Ipanema. En 1968 é expulsado da diplomacia, e decide vivir só para a música e a poesía. En 1970 coñece a Antonio Pecci Filho, Toquinho, a súa unión durará 10 anos e case que 30 discos nos que Vinicius compón as letras e Toquinho a música e algúns textos. Vinicius morre o 9 de xullo de 1980 Quixera destacar o disco gravado en directo en 1970 con María Creuza e o mesmo Toquinho no café concerto La Fusa (Punta del Este,Arxentina) o tema escollido é "A Tonga da Mironga do Kabuletê" que comeza cun divertido diálogo entre Vinicius e Toquinho que é o seguinte:
"-Toquinho..
-... diga,diga
- vamos a hacer aquella canción que hicimos: "A tonga da mironga do kabulete"...
- ¿se puede?
-si, yo creo que sí, es decir, porque parece que es una expresión que no quiere decir nada bueno...
-sí, yo creo que es una mala palabra ¿no?
- tú conoces la historia ¿no?
- más o menos...
-... en África, cuando un africano dice esto a otro parece que las tribus entran en guerras terribles ¿no? Eh... que se comen el hígado el uno al otro
- ¡no sabía!
-sí... todo lo que se sabe es que la última palabra es la palabra kabulete de la expresión... parece que tiene algo que ver con la madre de uno...
A recomendación de hoxe é sobre o gran batería Max Roach nado en Carolina do Norte en 1924 aínda que criado no barrio de Brooklyn (NY), pasará á historia non só coma un virtuoso da percusión, formación autodidacta, senón coma un dos reinventores do jazz xunto con Charlie Parker e Dizzy Gillespie. As Súas improvisacións e as súas innovacións rítmicas axudaron a definir o son do bebop nos anos coarenta. Artista moi sensibilizado coa loita dos negros, introduce na súa arte unha dimensión deliberadamente política. En 1960, ese discurso radicalízase e pasa das palabras aos feitos organizando un festival paralelo e alternativo ao oficial de Newport dise ano como forma de protesta contra a segregación racial e graba o extraordinario disco "We Insist!, un alegato contra o racismo manifestado dende a mesma portada do álbum, onde hai un camareiro branco na barra dun bar cun aceno ameazante contra dous clientes negros.
Esta é a primeira recomendación dunha película no blog, pero isto non quere dicir que sexa a mellor do xénero nin moito menos. Simplemente que hai varios días que levo pensando en voltar a vela. Banda Sonora alucinante
Título Orixinal - Cadillac Records Ano - 2008 Director - Darnell Martin Elenco - Adrien Brody, Beyoncé Knowles, Jeffrey Wright, Emmanuelle Chriqui
Na segunda metade dos anos coarenta un ambicioso xudeo con gañas de emprender o seu soño de montar un negocio e gañar cartos de verdade recluta a un algodoneiro chamado Muddy Waters. Nace o Blues. Uns anos máis tarde, despois de trunfar en Chicago, Waters pasease en Cadillac pola súa terra natal, Missisippi, nun momento difícil para a poboación de cor. Leonard Chess vai engadindo a súa discográfica novos talentos; Etta James, Little Walter, Chuck Berry e Howlin´Wolf. A súa escalada á gloria non ten límites pero teñen que pagar o seu prezo.
Ata a chegada do Rock N´Roll liderada por Elvis Presley, The Beatles ou The Rolling Stones a súa vida privada verase sacudida por escándalos de drogas, sexo, intento de asasinato e plaxios. Repaso fugaz e moi ben acompañado por unha excelente banda sonora, "Cadillac Records" fai referencia ao resultado da suma de beneficios que conseguía Leonard Chess e que pagaba coa forma de tan fastuoso veículo cando estaba en boga, aos seus cachorros. O film non cae no erro de presentar a Chess coma un cazatalentos senon que reflexase nel coma un amante da música durante un longo período de trinta anos e un pai ou padriño dun estilo musical que non era máis que o ruidoso cráter do volcan antes de estoupar na apoteose do Rock. (Ignasi Borrás: Filmaffinity)
Ler máis: http://gabysubs.blogspot.com/2009/03/cadillac-records.html#ixzz0c89AniJB Under Creative Commons License: Attribution Non-Commercial No Derivatives